Max Weber

Max Weber en 1878. Maximilian Weber, nado o 21 de abril de 1864 en Erfurt e finado o 14 de xuño de 1920 en Múnic, foi un economista e sociólogo alemán, considerado un dos fundadores do estudo moderno antipositivista, da socioloxía e da administración pública.

A pesar de ser recoñecido como un dos pais da socioloxía, xunto con Karl Marx, Auguste Comte e Émile Durkheim, Weber nunca se viu a si mesmo como sociólogo, senón como historiador; para el, a socioloxía e a historia eran dúas empresas converxentes. Con todo, sobre o final da súa vida en 1920, escribiu nunha carta ao economista Robert Liefmann: "Se me convertín finalmente en sociólogo (porque tal é oficialmente a miña profesión), é sobre todo para exorcizar a pantasma aínda viva dos conceptos colectivos (...)".

Os seus traballos máis importantes relaciónanse coa socioloxía da relixión e o goberno, pero tamén escribiu moito no campo da economía. A súa obra máis recoñecida é o ensaio ''A ética protestante e o espírito do capitalismo'', que foi o inicio dun traballo sobre a socioloxía da relixión. Pero a recompilación ''Wirtschaft und Gesellschaft'' (en galego, ''Economía e sociedade''), publicada postumamente entre 1921 e 1922, é a suma máis completa e sistemática das súas ideas e conceptos.

Weber argumentou que a relixión foi un dos aspectos máis importantes que influíron no desenvolvemento das culturas occidental e oriental. Noutras das súas obras famosas, '' Wissenschaft als Beruf'' (en galego, ''A ciencia como vocación''), e ''Politik als Beruf'' (en galego, ''A política como vocación''), Weber definiu o Estado como unha entidade que ostenta o monopolio da violencia e os medios de coacción, unha definición que foi fundamental no estudo da ciencia política moderna en Occidente. proporcionado por Wikipedia
Mostrando 1 - 7 Resultados de 7 Para Buscar 'Weber, Max', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1

    Le savant et le politique por Weber, Max

    Publicado 1959
    Libro
  2. 2

    Sociología de la religión / Max Weber por Weber, Max

    Publicado 2000
    Libro
  3. 3

    La ética protestante y el espíritu del capitalismo / por Weber, Max

    Desconocido
  4. 4

    Economía y sociedad Esbozo de sociología comprensiva / por Weber, Max

    Publicado 1974
    Libro
  5. 5

    Economía y sociedad Esbozo de sociología comprensiva / por Weber, Max

    Publicado 1974
    Libro
  6. 6

    La Etica protestante y el espíritu del capitalismo / por Weber, Max

    Texto
  7. 7

    The Protestant ethic and the spirit of capitalism = La ética protestante y el espíritu del capitalismo / por Weber, Max, 1864-1920

    Publicado 1958
    Desconocido