Khalil Gibran

Gibran Khalil Gibran (en ; en siríaco: ܓ̰ܒܪܢ ܚܠܝܠ ܓ̰ܒܪܢ), nado en Bsharri (O Líbano) o 6 de xaneiro de 1883 e finado en Nova York (EUA) o 10 de abril de 1931, foi un ensaísta, filósofo, narrador, poeta, conferenciante e pintor de orixe libanesa tamén coñecido como Kahlil Gibran. Os seus libros e escritos, de simple beleza e espiritualidade, son recoñecidos e admirados fóra do mundo árabe. O seu nome completo transliterado é Gibran Khalil Gibran, mais no colexio dos EUA, país en que viviu e traballou a maior parte da súa vida, un erro de rexistro reduciu o seu nome a Kahlil Gibran.

Na súa relativamente curta, mais prolífica existencia (viviu apenas 48 anos), Khalil Gibran produciu unha obra literaria destacada e artisticamente marcada polo misticismo oriental. A súa obra, acentuadamente romántica e influenciada por fontes de aparente contraste como a Biblia, Nietzsche e William Blake, trata de temas como o amor, a amizade, a morte e a natureza, entre outros. Escrita en inglés e árabe, expresa as inclinacións relixiosas e mística do autor. A súa obra máis coñecida é o libro ''The Prophet'', orixinalmente publicado en inglés e traducido a preto de vinte linguas. Outro libro destacado é o ''Al-Ajniha al-Mutakassira'', en que o autor fala da súa primeira historia de amor. proporcionado por Wikipedia
Mostrando 1 - 3 Resultados de 3 Para Buscar 'Gibran, Khalil', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1

    Obras Completas. Tomo 1 por Gibran, Khalil

    Publicado 1982
    Libro
  2. 2

    Obras Completas. Tomo II por Gibran, Khalil

    Publicado 1982
    Libro
  3. 3

    Obras completas. Tomo III por Gibran, Khalil

    Publicado 1982
    Libro